A BIBLIOTECA DE MUYINGA
Continuamos a nosa viaxe polo mundo e chegamos a esta biblioteca situada no continente africano. A continuación móstranse diferentes imaxes da mesma:
Para saber un pouco máis desta biblioteca e da súa historia debes indagar pola rede. Lembra escribir os datos que vas atopando no teu caderno de bitácora. Escribe só aqueles datos ou información que comprendas e poidas compartir co resto do grupo-clase.
Tamén é importante que respectes o formato ou presentación do teu caderno: data, título e información. É convinte que cada dato o separes cun punto e aparte. Feito isto é necesario que escribas o título do enlace web de onde recompilaches a información. Podes buscar en diferentes enlaces. Lembra usar a lingua galega!
Unha vez que teñas suficientes datos (por exemplo, 10) podes ilustrar o texto cun debuxo, que debe gardar relación co mesmo. Adiante! Faino bonito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario