martes, 28 de marzo de 2023

 QUE FACEMOS NA ESCOLA

Un resumo en imaxes

É durante o 1º trimestre cando iniciamos o noso Proxecto de aula 'Bibliotecas para un mundo mellor' co obxectivo de coñecer diferentes bibliotecas presentes en distintos lugares do mundo, e así contextualizar o Proxecto a nivel de centro 'Viaxando polo mundo'

As bibliotecas como fonte de saber e coñecemento, o seu valor e importancia para unha sociedade e, máis concretamente para a infancia. 

Esta viaxe comezou en Singapur (Asia), logo visitamos a cidade de Muyinga en Burundi, despois chegamos ata Alexandría onde coñecemos á filósofa, matemática e mestra Hipatia. E, finalmente, regresamos ao continente asiático para adentrarnos nunha nova biblioteca situada na cidade de Iwaki (Xapón).  

Usamos a rede para buscar información, seleccionala e recollela no noso caderno de bitácora. En moitas ocasións, axudámonos da nosa compañeira ou compañeiro, onde tivemos que aprender a compartir e, por tanto, a convivir. 

E, que imos facer con todos os datos e información destas bibliotecas e os seus respectivos países? Realizar unha presentación por grupos dirixida ás nosas compañeiras e compañeiros de 4º; farémolo ao comezo do 3º trimestre e para iso usaremos unha ferramenta dixital denominada PADLET e, a lingua galega como lingua vehicular para a expresión escrita e oral. 

A continuación compartimos algunhas imaxes onde nos podedes ver mans á obra! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESCUBRIR O TALENTO OCULTO Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamo...