luns, 26 de xuño de 2023

DESCUBRIR O TALENTO OCULTO

Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamos cáles eran e con cál ou cáles nos identificabamos. Onde diferenciamos oito tipos de intelixencias:

 Intelixencia lingüística

para comunicar, para escribir, para falar en público.  

 Intelixencia lóxico-matemática

para resolver problemas numéricos. 

 Intelixencia espacial

para deseñar bocetos, maquetas. 

 Intelixencia musical

para cantar, para tocar un instrumento, para compoñer música. 

 Intelixencia corporal e cinestésica

para bailar, para actuar, para facer deporte. 

 Intelixencia intrapersoal

para un maior autocoñecemento. 

 Intelixencia interpersoal

para relacionarnos con outras persoas. 

 Intelixencia naturalista

para observar plantas e animais, para establecer relacións entre os elementos da natureza.

Desde as escolas faise necesario que mestras e mestres favorezcamos o desenvolvemento da autonomía e autoestima do noso alumnado, deste xeito, axudaremos na busca dese talento oculto. 

 Moi orgullosa deste grupo de 3º que tivo tan boa evolución ao longo do curso e sempre acolleu con entusiasmo as ideas, propostas e retos que cada trimestre se foron lanzando. 

A pesar das dificultades iniciais foi un bonito camiño o deste curso 22/23, que construímos pouco a pouco baixo o noso humilde Proxecto de Aula 'Bibliotecas para un mundo mellor'. 

E que sempre haxa espazo para un sorriso, un aplauso para a compañeira ou compañeiro, unha ola de alegría, un terremoto da mellor enerxía e un tsunami de bo rollo. 

Ata sempre, sodes maxia! 

A mestra Patri de Educación Física







Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESCUBRIR O TALENTO OCULTO Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamo...