mércores, 23 de novembro de 2022

MUYINGA

BURUNDI

A biblioteca sobre a que estamos indagando nesta semana está situada en Muyinga, cidade do norte de Burundi (África). É a terceira cidade máis poboada do país. 

Despois de recompilar información ou datos sobre a biblioteca desta cidade, faino tamén sobre o país (Burundi) onde está situada. Podes aportar algunha curiosidade. 

Lembra respectar o formato de presentación. Estás creando o teu propio caderno de bitácora. Esfórzate e obterás mellores resultados. 

Acompaña o texto de ilustracións ou debuxos. Adiante!

domingo, 20 de novembro de 2022

 A BIBLIOTECA DE MUYINGA 

Continuamos a nosa viaxe polo mundo e chegamos a esta biblioteca situada no continente africano. A continuación móstranse diferentes imaxes da mesma: 

La primera Biblioteca de Muyinga (Burundi) – Literafricas 

Biblioteca de Muyinga / BC Architects | ArchDaily en Español 

Biblioteca de Muyinga / BC Architects | ArchDaily en Español 

La primera Biblioteca de Muyinga (Burundi) – Literafricas 

Para saber un pouco máis desta biblioteca e da súa historia debes indagar pola rede. Lembra escribir os datos que vas atopando no teu caderno de bitácora. Escribe só aqueles datos ou información que comprendas e poidas compartir co resto do grupo-clase. 

Tamén é importante que respectes o formato ou presentación do teu caderno: data, título e información. É convinte que cada dato o separes cun punto e aparte. Feito isto é necesario que escribas o título do enlace web de onde recompilaches a información. Podes buscar en diferentes enlaces. Lembra usar a lingua galega!

Unha vez que teñas suficientes datos (por exemplo, 10) podes ilustrar o texto cun debuxo, que debe gardar relación co mesmo. Adiante! Faino bonito! 

 

BIBLIOTECAS PARA UN MUNDO MELLOR

 Benvidas e benvidos a este novo espazo para desenvolver a área de ciencias, concretamente o P.D.I. 'VIAXANDO POLO MUNDO' a través de 'BIBLIOTECAS PARA UN MUNDO MELLOR'

                         Logística de un largo viaje por el mundo

DESCUBRIR O TALENTO OCULTO Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamo...