luns, 26 de xuño de 2023

DESCUBRIR O TALENTO OCULTO

Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamos cáles eran e con cál ou cáles nos identificabamos. Onde diferenciamos oito tipos de intelixencias:

 Intelixencia lingüística

para comunicar, para escribir, para falar en público.  

 Intelixencia lóxico-matemática

para resolver problemas numéricos. 

 Intelixencia espacial

para deseñar bocetos, maquetas. 

 Intelixencia musical

para cantar, para tocar un instrumento, para compoñer música. 

 Intelixencia corporal e cinestésica

para bailar, para actuar, para facer deporte. 

 Intelixencia intrapersoal

para un maior autocoñecemento. 

 Intelixencia interpersoal

para relacionarnos con outras persoas. 

 Intelixencia naturalista

para observar plantas e animais, para establecer relacións entre os elementos da natureza.

Desde as escolas faise necesario que mestras e mestres favorezcamos o desenvolvemento da autonomía e autoestima do noso alumnado, deste xeito, axudaremos na busca dese talento oculto. 

 Moi orgullosa deste grupo de 3º que tivo tan boa evolución ao longo do curso e sempre acolleu con entusiasmo as ideas, propostas e retos que cada trimestre se foron lanzando. 

A pesar das dificultades iniciais foi un bonito camiño o deste curso 22/23, que construímos pouco a pouco baixo o noso humilde Proxecto de Aula 'Bibliotecas para un mundo mellor'. 

E que sempre haxa espazo para un sorriso, un aplauso para a compañeira ou compañeiro, unha ola de alegría, un terremoto da mellor enerxía e un tsunami de bo rollo. 

Ata sempre, sodes maxia! 

A mestra Patri de Educación Física







 FAMILIAS DO CRUCEIRO POLO MUNDO ENTEIRO!

E este curso tamén quixemos ir un pouco máis alá, involucrar ás familias no noso Proxecto 'Bibliotecas para un mundo mellor'. Quixemos convencer para contar coa súa colaboración e puidemos desfrutar de diferentes visitas que nos levaron a outros lugares do mundo, facer que o noso alumnado se sentira orgulloso da súa familia, sonhar un pouco e crer que algún día podemos coñecer a Arxentina, a India ou Holanda, tamén Bélxica ou Malta e Gambia. 

Grazas pola boa colaboración, espertar o interese e non durmir a atención! 

Seguimos sonhando cos ollos abertos!

luns, 19 de xuño de 2023

 VIAXAMOS POLO MUNDO 

COAS NOSAS MAQUETAS

Álvaro, Íker Pardo, Noha, Mateo Roca, Saúl e Zuleima realizaron unha maqueta coa colaboración da súa familia e compartiron coas súas compañeiras e compañeiros o proceso de elaboración levado a cabo e ofreceron diversa información sobre Exipto, o Teide, Bélxica, Portugal ou Fuerteventura. 

Grazas pola vosa implicación!

sábado, 17 de xuño de 2023

A MALETA VIAXEIRA

 A maleta viaxeira continuou o seu percorrido para compartir recursos e para que as nenas e nenos de 3º foran deseñando o caderno de bitácora colaborativo. 

A maioría optou por contar e describir algunha viaxe que fixera en familia ou algunha que lle gustaría facer, acompañando o texto con imaxes ou fotografías.

A continuación mostramos algunhas imaxes das vosas exposicións na aula:

domingo, 11 de xuño de 2023

 COMPARTIMOS O NOSO PROXECTO COAS NENAS E NENOS DE 4º EP

O xoves 11 de maio e o xoves 18 realizamos unha breve exposición dirixida ás compañeiras e compañeiros de 4º. 

A través dos diferentes murais dixitais que elaboramos en clase, fomos expoñendo as ideas principais para dar a coñecer algunhas das bibliotecas máis relevantes que estudamos, así como os países e/ou cidades onde se sitúan. 

Compartimos algunhas imaxes deses días:


DESCUBRIR O TALENTO OCULTO Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamo...