martes, 28 de marzo de 2023

 QUE FACEMOS NA ESCOLA

Un resumo en imaxes

É durante o 1º trimestre cando iniciamos o noso Proxecto de aula 'Bibliotecas para un mundo mellor' co obxectivo de coñecer diferentes bibliotecas presentes en distintos lugares do mundo, e así contextualizar o Proxecto a nivel de centro 'Viaxando polo mundo'

As bibliotecas como fonte de saber e coñecemento, o seu valor e importancia para unha sociedade e, máis concretamente para a infancia. 

Esta viaxe comezou en Singapur (Asia), logo visitamos a cidade de Muyinga en Burundi, despois chegamos ata Alexandría onde coñecemos á filósofa, matemática e mestra Hipatia. E, finalmente, regresamos ao continente asiático para adentrarnos nunha nova biblioteca situada na cidade de Iwaki (Xapón).  

Usamos a rede para buscar información, seleccionala e recollela no noso caderno de bitácora. En moitas ocasións, axudámonos da nosa compañeira ou compañeiro, onde tivemos que aprender a compartir e, por tanto, a convivir. 

E, que imos facer con todos os datos e información destas bibliotecas e os seus respectivos países? Realizar unha presentación por grupos dirixida ás nosas compañeiras e compañeiros de 4º; farémolo ao comezo do 3º trimestre e para iso usaremos unha ferramenta dixital denominada PADLET e, a lingua galega como lingua vehicular para a expresión escrita e oral. 

A continuación compartimos algunhas imaxes onde nos podedes ver mans á obra! 


sábado, 11 de marzo de 2023

 QUE É PADLET

Padlet é unha ferramenta dixital para crear murais colaborativos co noso alumnado. 

Agora imos usar esta ferramenta para expoñer a diferente información recollida no noso caderno de bitácora. Por tanto, deberemos seguir a guía que se mostra abaixo. 

Haberá 2 padlet e un total de 8 grupos, cada grupo elaborará a sección que lle corresponda. 

É importante ser rigorosas, xa que logo as nosas compañeiras e compañeiros de 4º serán receptores da nosa aprendizaxe, é dicir, mostrarémoslles as nosas buscas e investigacións! 

A continuación mostramos os diferentes grupos e a temática que deben tratar:

Grupo 1 (Biblioteca de Singapur)
Dylhand, Naír e Saúl. 
Grupo 2 (Biblioteca de Muyinga)
Sofía, Flavia e Noha. 
Grupo 3 (Biblioteca de Alexandría)
Luis, Íker Pardo e Rodrigo. 
Grupo 4 (Biblioteca de Iwaki)
Zuleima, Alenka e Zaira. 
Grupo 5 (Singapur)
Íker Gondar e Valentina. 
Grupo 6 (Burundi)
M. Solla, M. Roca e Ismael. 
Grupo 7 (Exipto)
Uxía, Paula e Álvaro. 
Grupo 8 (Xapón)
Annia, Emma e Mateo Aguín. 

Cada grupo usará un ordenador portátil, no escritorio do mesmo atoparedes un acceso directo ao padlet que vos corresponda, é dicir, o referido ás bibliotecas ou o referido aos países. 

Coopera coas compañeiras e compañeiros do teu grupo e faino bonito! Adiante!

 

Por unha escola que nos ilusione!

martes, 7 de marzo de 2023

 Portal:Xapón - Wikipedia, a enciclopedia libre


Viaxamos ao País nipón para coñecer unha nova biblioteca, a Picture Book Museum ou Picture Book Library, situada na cidade de Iwaki

Para coñecer un pouco máis sobre esta País, buscamos información na rede. Un bo recurso con información en galego pode ser a enciclopedia en liña 'Galipedia'. Premendo no seguinte enlace accedes á información: Xapón na Galipedia 

Observaredes que nos trae moita información, non é necesario lela toda; e na marxe dereita ofrece datos que son de interese, por exemplo, a súa bandeira, a súa capital, as linguas oficiais, a forma de goberno ou o número de habitantes. 

Outra opción é buscar aspectos concretos que garden relación co País nipón, por exemplo: 

  • Cal é a súa comida típica? 
  • Que lugares relevantes podemos visitar en Xapón?  
  • Que persoas famosas ou recoñecidas ten o País?  
  • Cales son as súas festas e tradicións?  
  • Existe algunha curiosidade sobre este País que o diferencie doutros? 

          

DESCUBRIR O TALENTO OCULTO Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamo...