martes, 14 de febreiro de 2023

 BIBLIOTECA DE IWAKI

XAPÓN

                       biblio8 

A nosa seguinte viaxe polas bibliotecas do mundo lévanos ata a cidade de Iwaki en Xapón.  

Busca información sobre esta curiosa biblioteca e escribe os datos no teu caderno de bitácora; realiza unha selección e comprensión da información.

Despois investiga pola rede sobre o país no que se atopa, Xapón. Previamente formúlate preguntas sobre ese país, por exemplo, cántos habitantes ten; qué idioma ou idiomas se falan; cómo é o seu clima; cáles son as súas festas populares, etc. 

Esperta a curiosidade, faite preguntas, indaga e ... atopa respostas! Adiante! 

martes, 7 de febreiro de 2023

 'BIBLIOTECAS PARA UN MUNDO MELLOR' 

 NA RADIO DA ESCOLA

Hoxe queremos compartir coas familias os tres programas que gravamos na radio da nosa escola. Talvez saibades que desde o pasado curso escolar formamos parte do programa 'Radio na biblio' e contamos cun espazo de radio no que gravar diferentes podcast. 

  

Na imaxe o alumnado de 6º na nosa radio escolar, recibindo unha formación sobre o seu uso e funcionamento.  

 Estes programas son o resultado das nosas investigacións desde a área de ciencias, onde desenvolvemos o Proxecto 'Bibliotecas para un mundo mellor'. A elaboración do guión e a gravación dos diferentes podcast realizouse a través da área de lingua galega.

Para escoitar os diferentes programas preme no seu título. As nenas e nenos de 3º teñen moito que contar: 

A BIBLIOTECA DE SINGAPUR   

A BIBLIOTECA DE MUYINGA   

A BIBLIOTECA DE ALEXANDRÍA    


Por un mundo mellor e unha educación de calidade para a nosa infancia! 

DESCUBRIR O TALENTO OCULTO Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamo...