luns, 26 de xuño de 2023

DESCUBRIR O TALENTO OCULTO

Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamos cáles eran e con cál ou cáles nos identificabamos. Onde diferenciamos oito tipos de intelixencias:

 Intelixencia lingüística

para comunicar, para escribir, para falar en público.  

 Intelixencia lóxico-matemática

para resolver problemas numéricos. 

 Intelixencia espacial

para deseñar bocetos, maquetas. 

 Intelixencia musical

para cantar, para tocar un instrumento, para compoñer música. 

 Intelixencia corporal e cinestésica

para bailar, para actuar, para facer deporte. 

 Intelixencia intrapersoal

para un maior autocoñecemento. 

 Intelixencia interpersoal

para relacionarnos con outras persoas. 

 Intelixencia naturalista

para observar plantas e animais, para establecer relacións entre os elementos da natureza.

Desde as escolas faise necesario que mestras e mestres favorezcamos o desenvolvemento da autonomía e autoestima do noso alumnado, deste xeito, axudaremos na busca dese talento oculto. 

 Moi orgullosa deste grupo de 3º que tivo tan boa evolución ao longo do curso e sempre acolleu con entusiasmo as ideas, propostas e retos que cada trimestre se foron lanzando. 

A pesar das dificultades iniciais foi un bonito camiño o deste curso 22/23, que construímos pouco a pouco baixo o noso humilde Proxecto de Aula 'Bibliotecas para un mundo mellor'. 

E que sempre haxa espazo para un sorriso, un aplauso para a compañeira ou compañeiro, unha ola de alegría, un terremoto da mellor enerxía e un tsunami de bo rollo. 

Ata sempre, sodes maxia! 

A mestra Patri de Educación Física







 FAMILIAS DO CRUCEIRO POLO MUNDO ENTEIRO!

E este curso tamén quixemos ir un pouco máis alá, involucrar ás familias no noso Proxecto 'Bibliotecas para un mundo mellor'. Quixemos convencer para contar coa súa colaboración e puidemos desfrutar de diferentes visitas que nos levaron a outros lugares do mundo, facer que o noso alumnado se sentira orgulloso da súa familia, sonhar un pouco e crer que algún día podemos coñecer a Arxentina, a India ou Holanda, tamén Bélxica ou Malta e Gambia. 

Grazas pola boa colaboración, espertar o interese e non durmir a atención! 

Seguimos sonhando cos ollos abertos!

luns, 19 de xuño de 2023

 VIAXAMOS POLO MUNDO 

COAS NOSAS MAQUETAS

Álvaro, Íker Pardo, Noha, Mateo Roca, Saúl e Zuleima realizaron unha maqueta coa colaboración da súa familia e compartiron coas súas compañeiras e compañeiros o proceso de elaboración levado a cabo e ofreceron diversa información sobre Exipto, o Teide, Bélxica, Portugal ou Fuerteventura. 

Grazas pola vosa implicación!

sábado, 17 de xuño de 2023

A MALETA VIAXEIRA

 A maleta viaxeira continuou o seu percorrido para compartir recursos e para que as nenas e nenos de 3º foran deseñando o caderno de bitácora colaborativo. 

A maioría optou por contar e describir algunha viaxe que fixera en familia ou algunha que lle gustaría facer, acompañando o texto con imaxes ou fotografías.

A continuación mostramos algunhas imaxes das vosas exposicións na aula:

domingo, 11 de xuño de 2023

 COMPARTIMOS O NOSO PROXECTO COAS NENAS E NENOS DE 4º EP

O xoves 11 de maio e o xoves 18 realizamos unha breve exposición dirixida ás compañeiras e compañeiros de 4º. 

A través dos diferentes murais dixitais que elaboramos en clase, fomos expoñendo as ideas principais para dar a coñecer algunhas das bibliotecas máis relevantes que estudamos, así como os países e/ou cidades onde se sitúan. 

Compartimos algunhas imaxes deses días:


luns, 22 de maio de 2023

 A MALETA VIAXEIRA CHEGA AOS FOGARES

A maleta viaxeira percorre os fogares do noso alumnado, cargadiña de recursos relacionados co Proxecto a nivel de centro e a nivel de aula. 

Que contén?:

- ADIVINA EN 10’: un xogo para divertirse en familia e adiviñar o país. Nel hai 52 tarxetas de xogo, 6 tarxetas de pista e as instrucións. É moi importante coidar o material para que todas as familias o desfruten. 

- ‘ASALI E A LENDA DO BAOBAB’: un conto. 

- ‘MI PRIMER ATLAS DEL MUNDO’: explora o mundo con este atlas. 

- LA LUZ DE ALEJANDRÍA, HIPATIA’: unha protagonista moi especial. 

- ‘CADERNO DE BITÁCORA COLABORATIVO’: é un caderno para que a alumna ou alumno escriba nel, debuxe e/ou pegue algunha imaxe, foto. Debe estar relacionado co Proxecto ‘Viaxando polo mundo’ e/ou ‘Bibliotecas para un mundo mellor’.

domingo, 21 de maio de 2023

 LIBRERÍAS E BIBLIOTECAS POLO MUNDO

Continuamos a nosa viaxe polo mundo visitando librerías e bibliotecas curiosas, sorprendentes, sostibles, para nenas e nenos ...

 Cal é a vosa misión? Facendo uso da rede, busca información ou datos da librería ou biblioteca que corresponda ao voso grupo, así como do país onde está situada. Usa o teu caderno de bitácora para recoller a información seleccionada. Lembra pór un título e seguir o formato xa establecido. Así mesmo, acompaña o texto dun debuxo.

 

1.- Biblioteca Brentwood Children's (Estados Unidos)

Emma, Rodrigo e Luis

 

2.- Librería Kid's Republic (China)

Álvaro, Uxía e Paula

 

3.- Biblioteca de Hjorring (Dinamarca)

Zuleima, Alenka e Zaira


 

4.- Biblioteca-orfanato Safe Haven (Tailandia)

Noa, Flavia e Sofía


5.- Librería 'Word on the water' (Reino Unido)

Saúl, Naír e Dylhand 

 

6.- Biblioteca Pública de Taipéi (Taiwan)

Íker Gondar e Valentina


7.- Biblioteca VAC en Hanói (Vietnam)

Annia, Íker Pardo e Mateo Aguín


8.- Que outra librería ou biblioteca podemos visitar?

Ismael, M. Solla e M. Roca 

Este grupo buscará pola rede algunha librería ou biblioteca que non fora visitada polo alumnado de terceiro. Feito isto debedes recoller a información no voso caderno de bitácora, seguindo as mesmas indicacións que o resto de grupos. 

 

DESCUBRIR O TALENTO OCULTO Foi o último día de ciencias cando na aula falamos da Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, identificamo...